CRTVG

Buscar

Nace en Santiago o primeiro museo de maxia de Galicia

Publicado o 02/12/2020 21:26

Malia ser o maestro do escapismo, o mago Houdini segue no seu acuario. Agóchase en Compostela no Museo da Maxia de Kiko Pastur, que acaba de nacer en plena pandemia. Maxia ou intención?

Ilusionarnos coas cousas que parecen imposibles. Obxectos imposibles, demostracións ao vivo, alfombras que vistas polos ollos dunha cámara somérxenos nun mundo profundo. O mesmo ao que nos levan as ilusións ópticas, os sempre asombrosos trucos de cartas ou os caramelos dunha caixa que aparecen e desaparecen. Todo para que o museo sexa ilusión e punto de encontro.
Maxia para nenos e adultos, a arte do imposible.

E para quen teña dúbidas cómpre só poñer a proba os seus sentidos. A chistera do Museo da Maxia de Kiko Pastur non vai deixar de sorprendernos.



 

Noticias web

02/12/2020