CRTVG

Buscar

Na madrugada do domingo cambiamos ao horario de verán

Publicado o 30/03/2019 16:33

Esta noite hai que adiantar o reloxo unha hora para adaptarse ao horario de verán. Durmiremos unha hora menos e oscurecerá máis tarde. É unha medida que deixará de levarse a cabo dentro de dous anos, porque cada vez resulta máis polémica.

Esta noite toca cambiar a hora. Hai que axustar os reloxos ao horario de verán e adiantalos sesenta minutos. Ás dúas da noite serán as tres. Unha hora menos de sono que se nota ao día seguinte. Na práctica, o cambio de hora supón que oscurecerá máis tarde. A medida conta cada vez con máis críticos e poucos ven que exista aforro enerxético.

Poucos son os defensores do cambio horario que se produce cada seis meses, de aí que a nivel europeo se decidise que cada país elixa cal é o que máis lle convén.
O cambio de hora manterase ata o 2021. A partir deste ano non haberá que volver mover as agullas do reloxo. De momento, o que toca é durmir unha hora menos esta noite.




 

Noticias web

30/03/2019