CRTVG

Buscar

A Gudiña recupera tráfico de entradas a Galicia, pero aínda son menos ca nas mesmas datas do ano pasado

Publicado o 22/06/2020 13:30

Moito máis movemento que no estado de alarma, pero aínda non o suficiente como para chegar aos niveis do ano pasado por estas datas. Se comparamos a mobilidade, vemos que hai un 30 por cento menos polo menos nesta zona onde entramos a Galicia pola Gudiña.

Unhas obras na autovía A-52 obrigan os viaxeiros a atravesar a localidade para poder seguir camiño, así que moitos xa aproveitaron e fixeron aquí na Gudiña a súa primeira parada en Galicia.

Os establecementos da zona acostumados a moito tránsito empezan a notar xa esta nova normalidade. As localidades galegas comezan a notar eses turistas que veñen de fóra da nosa comunidade, pero, polo momento, sen aglomeracións. Agárdase a chegada de máis xente a comezos do mes de xullo, sobre todo ás localidades de costa.

Noticias web

22/06/2020