CRTVG

Buscar

Na gala dos Grammy Latinos luciron xoias galegas

Publicado o 21/11/2019 20:38

Estas son algunhas das xoias que luciron varios artistas na cerimonia de entrega dos Grammy Latinos, que se celebrou nas Vegas. Pertencen á última colección de Miss Queca, que é o nome artístico da deseñadora madrileña asentada en Lugo Eva María Alonso. Entre os músicos que portaron as alfaias galegas figuran Juanes, Aitana, Andrés Calamaro, o dúo Pimpinela ou os mexicanos Jesse e Joy.

Eva María Alonso, deseñadora de xoias: "A verdade, tratáronme fenomenal. Coñecín un montón de famosos que me trataron moi ben. Juanes, moi amable, puxo unha pulseira que lle regalei, Aitana tamén puxo uns pendentes coma estes, da colección Fortuna, moi bonitos...".

As pezas que luciron as celebridades forman parte da colección Fortuna, que está inspirada na cultura chinesa e no boato dos casinos.

Eva María Alonso, deseñadora de xoias: "Mesturando un pouco o ornamento e a sofisticación das celebrities, da cidade das Vegas, coa maxia da nosa Galicia, e, logo de estudar chinés na escola de idiomas, a cultura chinesa, pois utilicei as moedas chinesas da fortuna".

As xoias de Miss Queca son accesibles para todos os petos, con pezas que se poden adquirir por menos de 20 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019