CRTVG

Buscar

Máis de 20 millóns de persoas en corentena na China pola pneumonía de Wuhan

Publicado o 23/01/2020 22:00

Wuhan ten once millóns de habitantes. É, por poboación, a sétima cidade máis grande da China, pero hoxe semella deserta. Nun dos seus mercados, como este probablemente, declarouse o primeiro caso de infección por un virus descoñecido ata agora. En apenas un mes, estendeuse por varias provincias e traspasou as fronteiras de 5 países máis. As autoridades confirman uns 600 casos e 18 vítimas mortais. Este xoves puxeron en corentena a cidade.

Trens e avións están indefinidamente suspendidos e as autoestradas pechadas. O mesmo que cines, cafés ou calquera lugar de reunión. A medida estendeuse a outras cidades veciñas. En total, 20 millóns de persoas, case dúas veces Portugal, permanecen confinadas ata novo aviso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2020