CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Multitudinarias manifestacións no Día Internacional da Muller e actos reivindicativos en 40 concellos galegos

Publicado o 08/03/2018 14:36

Son algunhas das multitudinarias manifestacións e concentracións que se celebraron neste Día Internacional da Muller en España. Denuncian, entre outras cousas, a brecha salarial, a precariedade e a violencia machista. Non houbo actos centrais, e as principais manifestacións nas cidades galegas serán esta tarde, primeiro na Coruña e contra as oito no resto de Galicia. Con todo, as mulleres galegas saíron á rúa esta mañá, moitas delas visibilizaron a súa loita na capital galega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí