Multitudinaria concentración en Viveiro para apoiar a venda de Alcoa
Publicado o 06/09/2020 13:50
A praza Pastor Díaz de Viveiro encheuse de traballadores de Alcoa, familiares e veciños para apoiar a venda da fábrica de aluminio da que dependen directamente centos de postos de traballo na comarca.
Coa máscara e con distancia de seguridade, os asistentes á concentración escoitaron do comité de empresa de Alcoa as explicacións sobre a situación actual e a importancia da reunión prevista para o mércores en Madrid con Liberty House a fin de coñecer como van as negociacións da venda da factoría da Mariña.
A data final para lograr un acordo entre Alcoa e a empresa compradora é o próximo 27 de setembro.