Multan con 2.700 euros o 'raiacoches' de Vigo por danar 8 vehículos
Publicado o 14/01/2020 13:51
Nova condena para o octoxenario coñecido como o 'raiacoches' de Vigo. Desta vez o home aceptou unha multa de 2.700 euros por danar 8 vehículos. Trátase da terceira condena contra o octoxenario.
A vista de conformidade celebrouse no xulgado do Penal número 2 de Vigo. A Fiscalía aplicoulle a agravante de reincidencia e a atenuante de alteración psíquica.
Na actualidade, o home, que se dedicaba a raiar as carrocerías dos coches e a introducir escarvadentes nas pechaduras, atópase internado nunhha residencia de Tui, por orde do fiscal.