CRTVG

Buscar

Multan 9 persoas en Vilagarcía por reunirse debaixo do toldo dun bar para tomar o café

Publicado o 26/11/2020 14:16

Estas accións serían sancionables segundo o decreto en vigor desde o 4 de novembro que establece as restricións nas zonas vermellas. Podemos coller o café ou a consumición para levar, pero non reunirnos ás portas do bar ou na rúa para tomalo, e menos en grupo.

En Vilagarcía, a Policía Local multou 9 persoas que estaban debaixo do toldo dun local na rúa Baldosa tomando o café.

Un comportamento que a maioría dos cidadáns critica. Apelan á responsabilidade individual para poder frear os contaxios e a pandemia.

Para os donos dos negocios é unha responsabilidade engadida ter que vixiar que os clientes non se amoreen ás portas dos locais. Aínda así, aseguran que xa se foron habituando e a maioría cumpren as medidas.

O descanso para o café no traballo era unha oportunidade de socializar entre compañeiros e agora é difícil deshabituarse. Tamén se queixan os que por motivos laborais teñen que pasar o día fóra sen os servizos que lles ofrece un bar ou restaurante.

Fronte á irresponsabilidade duns poucos, o que máis abunda é a sensatez.

Noticias web

26/11/2020