CRTVG

Buscar

Multa de 300.000 euros ao dono do pozo en que morreu Julen

Publicado o 01/09/2020 20:50
Multa de 300.000 euros ao dono do pozo en que morreu Julen

Trescentos mil euros de multa para o dono do pozo onde morreu o pequeno Julen. A Xunta de Andalucía imponlle esta sanción por unha infracción moi grave en materia de seguridade mineira. O pozo non tiña ningunha protección e tampouco contaba coas autorizacións precisas. Lembramos que o suceso ocorreu en Málaga en xaneiro de 2019. Daquela, o pequeno Julen, de dous anos, caeu no pozo sen que os pais puidesen impedilo. O rescate do neno, xa falecido, durou días e obrigou a un enorme despregamento técnico.

 

Noticias web

01/09/2020