CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Mulleres líderes en distintos sectores comparten no Congreso os obstáculos para avanzar

Publicado o 08/03/2018 14:47

A Cámara Baixa non tivo hoxe axenda parlamentaria, pero si acolleu un acto relacionado con este día.

A presidenta do Congreso defendeu este movemento transversal, e deulles voz a destacadas mulleres de distintos sectores profesionais, que expuxeron as dificultades para chegar ao máis alto nas súas profesións. Maxistradas, pilotos, mariscadoras, científicas ou deportistas denunciaron os obstáculos, a escasa visibilidade e a falta de apoios para a conciliación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí