CRTVG

Buscar

Motín no cárcere de Ocaña pola ausencia de persoal sanitario

Publicado o 09/04/2020 21:24

En Toledo, os presos do cárcere de Ocaña protagonizaron este mediodía un motín. O suceso ocorreu despois de que un dos reclusos sufrise un ataque epiléptico. Como non había persoal médico no cárcere, os presos comezaron a queimar contedores do lixo.

Segundo o sindicato, o suceso débese ao ambiente de tensión pola COVID-19. Piden que se lle fagan tests ao personal da prisión que está en corentena para que poidan reincorporarse. E que se contraten máis sanitarios para atender as necesidades que poidan xurdir.

Noticias web

09/04/2020