Mos aproba a modificación do PXOM que permite o proxecto do Celta nun pleno tenso
Publicado o 30/09/2019 16:08
Comezou ás dez da mañá e prolongouse ata ben pasadas as doce e media. Un grande despregamento policial quixo garantir a seguridade dos asistentes. Foi un pleno tenso e cheo de reproches que rematou coa aprobación inicial para levar a cabo a modificación do PXOM cos votos a favor do PP e os votos en contra de PSOE, GañaMOs e BNG. Un único punto do día para dar cabida ao proxecto do Celta que recibiu duras críticas da oposición.
O pleno foi moi tenso, pero transcorreu sen incidentes. A plataforma A auga e a vida, que non estivo presente na celebración do mesmo, convoca hoxe unha reunión informativa a partir das seis e media desta tarde no campo da feira de Puxeiros.