CRTVG

Buscar

Morren dous traballadores ao derrubarse un elevador nun parque eólico de Valladolid

Publicado o 15/02/2020 19:12

Dous traballadores faleceron esta mañá ao derrubarse un elevador, mentres traballaban nas obras dun parque eólico.

O accidente ocorreu na localidade de Valdenebro de los Valles, en Valladolid, pouco antes das oito da mañá. A esa hora unha chamada ao Centro de Emerxencias alertaba do sucedido e de que un dos homes quedara atrapado entre os restos. Os traballadores, de 55 e 45 anos, eran veciños da localidade madrileña de Alcorcón.

A Delegación do Goberno en Castela e León informou da apertura dunha investigación por parte da Inspección de Traballo e mais da Garda Civil.

 

Noticias web

15/02/2020