CRTVG

Buscar

Morren 26 persoas nas estradas españolas durante a Semana Santa

Publicado o 22/04/2019 21:34
Morren 26 persoas nas estradas españolas durante a Semana Santa

26 persoas morreron nas estradas españolas cando faltan unhas horas para que se peche a operación especial de Tráfico de Semana Santa. Unha delas é unha muller que morreu nun accidente coa súa moto en Vilagarcía onte.

Estes son os datos que deu a coñecer a DXT ata as 8 desta tarde. En oito comunidades autónomas aínda non se pecharon os datos porque hoxe é festivo. O día con máis mortos foi o Domingo de Ramos, con 9 vítimas.

 

Noticias web

22/04/2019