CRTVG

Buscar

Morre unha moza de 22 anos durante unha cacería en Madrid

Publicado o 23/12/2019 13:58

Unha moza de 22 anos morreu en Madrid tras recibir un disparo, cando participaba nunha cacería cun grupo de amigos. A Garda Civil investiga o sucedido, aínda que todo indica que se tratou dun disparo accidental.

O suceso aconteceu no municipio madrileño de Valdemanco e nun lugar de moi difícil acceso. Eran pouco antes das cinco da tarde cando o 112 recibía unha chamada alertando de que unha persoa que participaba nunha cacería recibira un disparo.

Cando os médicos chegaron ao lugar, comprobaron que se trataba dunha moza de 22 anos que presentaba unha parada cardiorrespiratoria tras recibir un disparo no tórax.

Ao lugar desprazáronse familiares da vítima que tiveron que ser atendidos por un equipo de psicólogos.

A moza saíra de caza cun grupo de amigos e todo indica que o disparo que acabou coa súa vida foi accidental e puido ser efectuado por un menor que participaba na cacería.

Noticias web

23/12/2019