CRTVG

Buscar

Morre unha anciá de Monforte ao caer pola fiestra da súa vivenda

Publicado o 05/05/2020 12:42

Unha veciña de Monforte morreu ao caer pola ventá da súa vivenda, situada nun cuarto andar. A muller, duns oitenta anos, vivía soa no piso e ata o de agora non se puideron determinar as circunstancias en que que se produciu o suceso.

Os veciños do inmoble, na rúa Celso Emilio Ferreiro, alertaron os servizos de emerxencias a primeira hora da tarde do luns, cando descubriron o corpo da finada sobre o patio de luces.

 

Noticias web

05/05/2020