CRTVG

Buscar

Morre un veciño de Chantada ao caer polo oco da escaleira

Publicado o 27/09/2020 21:25

Un home de 45 anos faleceu en Chantada despois de caer polo oco da escaleira da casa en que vivía cun irmán dependente a quen o falecido coidaba.

Policía Local, Garda Civil e o 061 prestaron a súa axuda, pero cando chegaron ao lugar do suceso o home xa estaba morto.

Trátase dunha familia moi apreciada en Chantada e o accidente causou gran consternación entre os veciños.

Noticias web

27/09/2020