CRTVG

Buscar

Morre un traballador en Cabanas ao caerlle unha árbore enriba

Publicado o 30/01/2020 16:34

Sucedeu ao mediodía no lugar de Porcar. Segundo parece, o falecido estaba realizando traballos de corte nun monte particular, xunto a outro compañeiro cando lle caeu a póla dunha árbore na cabeza. O golpe foi mortal. Ata o lugar desprazáronse membros de Protección Civil, axentes da Garda Civil e da Policía Local e unha ambulancia do 061 que non puido facer nada por salvarlle a vida. Tamén se achegaron os bombeiros do Eume en previsión de que houbese que rescatar o corpo do traballador, pero finalmente non tiveron que intervir.