CRTVG

Buscar

Morre un home mentres paseaba pola praia dos Alemáns en Cangas

Publicado o 05/08/2020 13:34
Morre un home mentres paseaba pola praia dos Alemáns en Cangas

Imaxe: Faro de Vigo

En Cangas, un home morreu este martes pola tarde mentres paseaba pola praia. O falecido, un veciño de idade avanzada, sentiuse indisposto cando camiñaba pola beira do mar.

Ocorreu na praia dos Alemáns. Os servizos de emerxencia mobilizados non puideron facer nada por lle salvar a vida.

Trátase da cuarta morte nos areais da comarca do Morrazo en menos de tres meses.

 

Noticias web

05/08/2020