CRTVG

Buscar

Morre un home ao envorcar e arder o camión que conducía na A-7

Publicado o 19/05/2020 13:50

O condutor dun camión faleceu ao saír da vía, envorcar e incendiarse o vehículo. Foi a primeira hora da mañá na autoestrada A-7 á altura do polígono de Tibi, Alacante.

Os bombeiros apagaron as lapas, pero o camioneiro, atrapado na cabina, xa estaba morto cando conseguiron rescatalo, segundo certificou o equipo médico que se desprazou ata o lugar do sinistro.
Non se coñecen aínda as causas do accidente, no que non se viu implicado ningún outro coche.

Noticias web

19/05/2020