Morre un ciclista tras sufrir unha indisposición no monte Pedroso en Santiago
Publicado o 27/02/2021 17:35

Un home que circulaba en bicicleta faleceu este sábado tras sufrir unha indisposición no monte Pedroso, en Santiago de Compostela. Un particular foi quen alertou o 112 da incidencia ao mediodía.
Ata a zona desprazáronse efectivos das urxencias sanitarias de Galicia-061 e das policías Local e Nacional de Santiago. Malia os esforzos realizados, nada puideron facer por salvarlle a vida ao ciclista, que morreu no lugar.