CRTVG

Buscar

Morre un bebé tras recibir unha dose dun medicamento dez veces máis alta do indicado

Publicado o 08/10/2019 18:59

O bebé de nove meses estaba ingresado no hospital madrileño Gregorio Marañón. Tiñan que administrarlle un fármaco para os pacientes trasplantados. O pequeno recibira un corazón novo había tres meses. O caso é que lle administraron unha cantidade de medicamento dez veces máis elevada do indicado. A dose foi letal e o bebé faleceu días despois.

Os pais denunciaron os feitos. O xulgado investiga agora se houbo neglixencia médica e homicidio imprudente.

"Consideramos que é un erro inescusable. Estamos falando dunha dose dez veces superior á que estaba prescrita. Agora temos que saber se, efectivamente, estaba ben indicada e se aplicou mal ou se se indicou mal e se aplicou a dose que estaba prescrita", afirma Carlos Sardinero, avogado dos pais do bebé falecido.

O hospital e a Consellería de Sanidade de Madrid rexeitan facer declaracións sobre o sucedido e reiteran a súa vontade de colaborar coa xustiza.

Noticias web

08/10/2019