CRTVG

Buscar

Morre tras atropelar un xabarín e ao chocar contra un muro en Rodeiro

Publicado o 21/04/2020 09:34
Morre tras atropelar un xabarín e ao chocar contra un muro en Rodeiro

Un mozo de 30 anos morreu a noite pasada tras atropelar un xabarín e ao bater co seu vehículo contra o muro dun pendello en Rodeiro (Pontevedra).

O sinistro tivo lugar arredor das 23:45 horas no km 17,100 da estrada PO-533 ao seu paso polo Alto do Faro, en dirección Lalín, segundo informa a Garda Civil de Tráfico.

O vehículo saíu da vía despois de atropelar un xabarín e foi dar contra o muro dun alboio, que lle caeu enriba.

O home foi excarcerado polos Bombeiros do Deza. Profesionais sanitarios desprazados ao lugar tentaron reanimalo, pero non foi posible, e faleceu alí mesmo.