CRTVG

Buscar

Morre Radomir Antic aos 71 anos

Publicado o 06/04/2020 22:05

Faleceu Radomir Antic aos 71 anos.

Antic dirixiu o Celta durante uns meses. Foi no ano 2004, o ano en que o Celta xogou a Champions, pero en Vigo o serbio apenas estivo tres meses. Antic non foi o revulsivo para un Celta que acabaría descendendo a segunda. 

O seu maior logro conseguiuno co Atlético de Madrid, co que logrou gañar a liga e a copa na temporada 95/96. Antes, dirixira o Real Madrid a principio dos noventa. Tamén colleu as rédeas do Barça na temporada 2002-03 e conseguiu metelo en Europa.

Antic podía presumir de ser o único que dirixiu os tres grandes do fútbol español. Despois do Celta, dirixiu a selección de Serbia e mesmo probou no fútbol chinés.

Antic déixanos aos 71 anos. Descanse en paz.

Noticias web

06/04/2020