CRTVG

Buscar

Morre unha veciña das Pontes ao colidir o turismo que conducía contra un camión na Capela

Publicado o 04/03/2020 17:06

Unha veciña das Pontes, B. R. A., de 50 anos, faleceu arredor das 13:35 horas deste mércores, 4 de marzo, tras chocar o vehículo en que viaxaba contra un camión nun accidente rexistrado á altura do quilómetro 13,350 da estrada AC-564, ao seu paso pola Capela (A Coruña).

Os restos mortais da muller foron trasladados ao Hospital Naval de Ferrol, onde durante esta tarde se lle practicará a autopsia. A seguir, a capela ardente instalarase no tanatorio San Roquiño das Pontes.

A AC-564 é a estrada que une Cabanas coas Pontes ao seu paso polo municipio da Capela (A Coruña).

O accidente ocorreu na zona onde se toma o desvío para Xasén. Ao lugar desprazáronse de inmediato efectivos sanitarios, Bombeiros do Eume e da Garda Civil de Tráfico e profesionais do servizo de mantemento de estradas. O 061 informa a Europa Press de que se trasladaron dúas ambulancias, unha de soporte vital básico e outra de avanzado.