Morre o compositor italiano Ennio Morricone aos 91 anos
Unha cidade da que nunca quixo separarse. Algúns mesmo pensan que Hollywood chegou a desconsideralo por non mudarse aos Ánxeles. Porén, Hollywood acabou rendéndose aos seus pés. Estivo proposto ao Óscar seis veces, recibiu un honorífico no 2006, non o levaría ata dez anos despois coa banda sonora de Os odiosos oito de Tarantino.
Rendidos aos seus pés Hollywood, o público e o cine. Sen el non teriamos o asubío de Por un puñado de dólares. Tampouco a eterna melodía de O bo, o feo e o malo. Impensables sen el os clásicos spaghetti western. Impensable o cine sen el para o director Sergio Leone (Era una vez en América).
Sen el, o retrato sonoro do cine non sería o mesmo. Nin Novecento, nin Os intocables de Eliott Ness nin as máis de 500 películas e series ás que lle puxo múxica.
Tampouco nós seriamos os mesmos sen a liturxia e os tambores de Morricone en A misión. Sen el, inconcebible o filme que emociona, inigualable en Cinema Paradiso.
E a partir de agora, ese cine sen el xa non será.