CRTVG

Buscar

Morre en Vigo a primeira persoa por coronavirus en Galicia

Publicado o 14/03/2020 13:29
Morre en Vigo a primeira persoa por coronavirus en Galicia

A primeira persoa que morre en Galicia de coronavirus é unha muller de 92 anos que levaba uns días ingresada e que xa padecía múltiples patoloxías previas.

A infección desta muller polo virus SARS-CoV-2 confirmouse o mércores e a súa situación preocupaba aos responsables sanitarios desde o primeiro instante pola fraxilidade asociada á idade.

A noticia do seu falecemento coñeceuse na mañá deste sábado. Trátase dun caso importado e era unha das 112 pacientes que se contabilizaban este venres, afectada do Covid-19 na comunidade galega.

Varios membros da familia da muller fallecida deron tamén positivo e están illados nas súas casas.