CRTVG

Buscar

Morre Luis Eduardo Aute, referente da canción de autor española

Publicado o 04/04/2020 14:30
Morre Luis Eduardo Aute, referente da canción de autor española

O cantautor Luis Eduardo Aute faleceu aos 76 anos este sábado nun hospital madrileño. Estaba retirado da vida pública desde 2016 cando sufriu un infarto cerebral que o deixou dous meses en coma.

Poeta, escultor, director de cine e referente da canción de autor en España coa publicación de 19 discos de estudo e temas que xa pasan á historia da música como "Al alba", "Rosas en el mar" ou "La belleza", entre outros moitos. Nado nas Filipinas, de pai barcelonés e nai da illa, considerábase madrileño desde os oito anos.