CRTVG

Buscar

Morre George Bush pai, ex-presidente dos EUA, aos 94 anos

Publicado o 01/12/2018 09:30

George Bush pai, presidente dos Estados Unidos de 1989 a 1993, morreu aos 94 anos. Unha das imaxes máis recentes del foi hai oito meses, cando faleceu a súa muller. Piloto de guerra na Segunda Guerra Mundial, congresista, embaixador na ONU, director da CIA e vicepresidente de Ronald Reagan, pechou como presidente a súa carreira política de catro décadas.
Desde a Casa Branca liderou a fin da guerra fría, a primeira guerra do Golfo e a invasión de Panamá mentres a Unión Soviética se derrubaba e Alemaña se reunificaba.

 

Noticias web

01/12/2018