CRTVG

Buscar

Morre en prisión o home que asasinou a súa muller no Hospital de Ourense en 2015

Publicado o 30/09/2018 21:19

Aniceto Rodríguez, de 78 anos, o home que acoitelou en 2015 a súa muller no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense faleceu en prisión debido a un fallo cardiovascular mentres cumplía a condena de 31 anos de prisión. 

A Audiencia Provincial de Ourense considerou acreditado que intentou primeiro acabar coa vida da súa cónxuxe no domiciliio familiar de Verín e que despois matouna no hospital. Un asasinato que levantou gran polémica porque a xuiza que levou o primeiro caso non ordenara medidas cautelares contra o agresor, que despois do crime sufríu un ictus causado polas feridas que se autoinfrinxíu tratando de acabar coa súa vida.

Noticias web

30/09/2018