Morre Diego Armando Maradona aos 60 anos, unha icona máis alá do fútbol
• Sufriu un paro cardiorrespiratorio na súa casa de Bos Aires
• O presidente da Arxentina decreta tres días de loito
O astro do fútbol Diego Maradona faleceu este mércores na súa residencia da provincia de Bos Aires aos 60 anos, segundo informou o seu xefe de prensa. "Morreu Diego", dixo a EFE Sebastián Sanchi, o xefe de prensa do campión do mundo con Arxentina en México 1986.
Ao redor das 13:00 local algúns medios locais informaron que Maradona sufrira un paro cardíaco no seu domicilio da provincia de Bos Aires e que polo menos catro ambulancias se dirixiron á súa vivenda. O deceso foi anunciado pouco despois pola canle Todo Noticias, que asegurou que falara con Matías Morla, axente e amigo de Maradona.
O adestrador, de 60, anos estivo a principios de novembro dez días internado nunha clínica de Bos Aires por anemia, deshidratación e cun "baixón anímico", pero ao facérenlle recoñecementos diagnosticóuselle un hematoma subdural e foi operado. Logo tivo "algúns episodios de confusión" que os médicos "asociaron" a "un cadro de abstinencia".
Fernández decreta tres días de dó na Arxentina
O presidente da Arxentina, Alberto Fernández, decretou tres días de dó pola morte de Diego Armando Maradona. O propio xefe de Estado manifestou a través da súa conta na rede social Twitter o seu agradecemento pola "felicidade" que o astro do fútbol deu aos arxentinos. "Leváchesnos ao máis alto do mundo. Grazas por existires, Diego", escribiu Alberto Fernández.
Nos llevaste a lo más alto del mundo. Nos hiciste inmensamente felices. Fuiste el más grande de todos.
— Alberto Fernández (@alferdez) November 25, 2020
Gracias por haber existido, Diego. Te vamos a extrañar toda la vida. pic.twitter.com/pAf38sRlGC