CRTVG

Buscar

Montero pide apoiar os presupostos como "servizo público" á cidadanía e ao país

Publicado o 01/12/2020 20:51

A 2 días da votación definitiva, María Jesús Montero dilles aos grupos que xa anunciaron o seu non ás contas que aínda están a tempo de rectificar. Insiste en que o voto afirmativo non supón un apoio ao proxecto do Goberno, senóna unhas contas de país imprescindibles para transitar a peor críse das últimas décadas.

María Jesús Montero, ministra de Facenda, cre que "apoiar os presupostos neste momento é un servizo público á cidadanía, a un país que representamos todos e cada un de nós. Dicir non é ignorar a realidade e as necesidades de millóns de compatriotas".

O PP di que son unhas contas incribles baseadas en previsións desfasadas e que implican concesións alarmantes.

Para Carolina España, do PP, "estes presupostos pasarán á historia como os máis caros e dolorosos para España. Cifras irreais, pactadas con quen ampara separatistas e a terroristas. Presupostos que traerán sen dúbida máis débeda, máis déficit, máis paro e máis impostos. A treboada perfecta".

Lamenta o PP que o español sexa o único goberno europeo que vai subir impostos ás clases medias e traballadoras.

Noticias web

01/12/2020