CRTVG

Buscar

Moncho Fernández: "Temos que minimizar os erros"

Publicado o 17/01/2020 21:41

O Obradoiro visita este domingo a cancha de Andorra, nun partido no que os de Moncho Fernández non poderán contar con Earl Calloway cun edema óseo. Para o adestrador deben minimizar os erros para comezar con bo pé a segunda volta da competición.

"Cada un ten que xogar ao que sabe xogar, nós xogaremos ao que sabemos xogar e tentarmos explotar as nosas virtudes pero loxicamente o que teremos é que tentar minimizar os nosos erros a modo de perdas ou de ataques fóra de lugar para que o seu ritmo ofensivo neses primeiros momentos non sexa tan alto", di Moncho Fernández, adestrador do Obradoiro
 

Noticias web

17/01/2020