CRTVG

Buscar

Moncho Fernández recupera a Cohen para xogar en Manresa

Publicado o 23/09/2020 16:23

O Obradoiro arrancou de mañanciña, ben cedo, camiño de Manresa para xogar mañá na cancha catalá contra un equipo que funciona nunha clave moi grupal.

Un conxunto que, como o Obradoiro tras derrotar o Fuenlabrada na primeira xornada, tamén tivo un excelente arranque de liga derrotando na súa cancha a Estudiantes. Un plus de moral extra que fai moi atractivo o choque.

Álex Suárez foi un dos destacados no equipo de Moncho Fernández no partido do Sar. Cincuenta por cento de efectividade en lanzamentos de tres que foron, puntualmente, decisivos para estirar o marcador a prol dos santiagueses.

Moncho Fernández recupera a Cohen para xogar en Manresa.

 

Noticias web

23/09/2020

Máis sobre actualidade