CRTVG

Buscar

Moncho Fernández lamenta que non estivesen máis "espertos" en Gran Canaria

Publicado o 16/12/2019 16:30

Un partido para enmarcar. Gran Canaria-Obradoiro. Grandes emocións. Dúas prorrogas.

O Gran Canaria tivo a ocasión de gañar na derradeira acción do partido. Nos corenta minutos regulamentarios. Pero apareceu Broziansky para impedilo. Un tapón decisivo.

E o Obradoiro tivo a ocasión de gañar no final da primeira prórroga. Todo a favor, rebote defensivo, pero prodúcese a precipitación de De Zeuw. En lugar de reter o balón toma unha decisión equivocada, que finaliza con recuperación canaria e tripla. Con todo Pozas, liberado, gozou do derradeiro tiro. Fallou.

E con dous abaixo, 102-100. Fletcher Magge busca a tripla gañadora. Situación incómoda. O balón nin roza o aro. Cae o Obradoiro.

Noticias web

16/12/2019