CRTVG

Buscar

Moitos profesionais brindan fóra da casa en Noiteboa

Publicado o 24/12/2019 20:40
Moitos profesionais brindan fóra da casa en Noiteboa

A Noiteboa é para confraternizar e estar en familia. Porén hai moitas persoas que teñen que traballar. Son os máis recordados esta noite: os que velan pola nosa seguridade, pola nosa saúde ou os que nos ofrecen os mellores servizos. Falamos con algúns profesionais que hoxe brindarán fóra da casa. 

Médicos, enfermeiros, policías, gardas civís, mantemento de estradas, gasolineiras, farmacéuticos, bombeiros... Pero tamén restaurantes, mantenemento de estradas, taxistas, vixiantes de seguridade ou persoal de hoteis.

No Hostal dos Reis Católicos, por exemplo, empezando polo propio director e pasando por camareiras ou recepcionistas, entre outros, traballarán arredor de 50 persoas.

Eles e máis outros traballadores son algúns exemplos de que o mundo non para nin polo Nadal. Por ocio, seguridade ou necesidade esta noite, eles, máis ca nunca, son os nosos imprescindibles. 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/12/2019