CRTVG

Buscar

Moitos peregrinos deciden pasar a Noiteboa en Compostela

Publicado o 24/12/2019 15:37

Así de internacionais son os peregrinos que nos desexan bo Nadal á sua chegada ao Obradoiro. Nestas datas chegan unha media de 50 ao día. A maioría son estranxeiros e veñen de moi lonxe, como Elsa, que vén camiñando desde Hamburgo.

"É moi especial, quero saber como celebran o Nadal os españois. É novo para min estar aquí, é a primeira vez que non paso estas festas coa familia", di un peregrino. 

Pasará a noite máis familiar do ano cunha nova familia, a que foi facendo no Camiño, xunto aos demais peregrinos dos albergues. 

Os que teñen motivación relixiosa, irán á misa do galo, que este ano será en San Francisco polas obras da Catedral. E outros peregrinos aínda teñen marxe para chegar a tempo á casa. A Noiteboa será para eles o ramo dunha peregrinación inesquecible.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/12/2019