CRTVG

Buscar

Mobilizacións contra o peche do paritorio do hospital de Verín

Publicado o 05/12/2019 23:16
Mobilizacións contra o peche do paritorio do hospital de Verín

Varias persoas manifestáronse con pancartas ás portas do hospital de Verín este xoves. Nalgunhas podía lerse a seguinte mensaxe: "Queremos  pedriatría de noite e de día". As mobilizacións desenvolvéronse durante un novo acto reivindicativo protagonizado por habitantes e traballadores do Hospital da localidade ourensá de Verín, este xoves, en protesta polo peche do paritorio anunciado pola Xunta.