CRTVG

Buscar

Miriam Rodríguez: "Abrimos canles de comunicación coas familias para reducir esa anguria de estar días incomunicados"

Publicado o 17/04/2020 10:48

A crise social e económica xa é unha realidade. Sábeno ben os traballadores sociais, que están ao pé dos colectivos máis vulnerables. Precisamente por iso reclaman un plan, conscientes de que as necesidades van aumentar.

Miriam Rodríguez é a presidenta do Colexio de Traballadores Sociais de Galicia: "Desde que comezou a crise sanitaria comezou tamén unha grave crise social. As principais necesidades son de atención urxente de entrega de alimentos e os servizos sociais tivéronse que reconverter".

"Desde os hospitais abrimos canles de comunicación coas familias para reducir esa anguria de estar días incomunicados. Incentívanse novos recursos e procúranse medidas para levar a cabo os illamentos".

Noticias web

17/04/2020