CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas atraídos pola Paixón da Semana Santa de Fisterra

Publicado o 18/04/2019 21:44


Fisterra está entregada á celebración das súas Festas do Santo Cristo. Se algo diferenza a Semana Santa fisterrá son as escenificacións da Paixón, que se celebran nos arredores da igrexa de Santa María das Areas.
Milleiros de fregueses seguen estas escenificacións, moitas delas baseadas en textos de orixe medieval. Aos distintos personaxes destas escenas da Paixón dánlles vida veciños da propia vila, entre os que destaca a participación de xente nova.
Na tarde de Xoves Santo representaron a Última Cea e o Lavatorio de pés. A continuación celebrouse unha oración no adro da mesma igrexa parroquial, e despois saiu a procesión do Paso da Oración do Horto, acompañada da banda Desiderio Paz. A representación máis importante desta Semana Santa fisterrá será a do Domingo de Resurrección.

Noticias web

18/04/2019