CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Milleiros de mulleres manifestáronse en Ourense

Publicado o 08/03/2018 20:41

Baixo o lema 'Para transformar a vida das mulleres' milleiros de persoas maniféstanse en Ourense. Convocadas ás oito da tarde polo movemento feminista galego na subdelegación do Goberno, camiñan arestora con cántigas reivindicativas cara á Praza Maior. Queren visibilizar o importante papel da muller na sociedade e reclamar o cumprimento pleno dos seus dereitos. Un berro conxunto que se escoita "Se paramos as mulleres, o mundo para".
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

08/03/2018