CRTVG

Buscar

Militares da Brilat encárganse de desinfectar o aeroporto de Peinador

Publicado o 20/04/2020 15:24

Militares da Brilat traballan este luns na desinfección do aeroporto de Vigo.
Os equipos de descontaminación chamados NBQ, Nuclear, Bacteriolóxico e Químico, encárganse de realizar estes labores en Peinador.
A misión enmárcanse na operación Balmis, posta en marcha con motivo da crise do coronavirus. A Brilat tamén ten hoxe traballos de presenza e recoñecemento noutras localidades, como Ponte Caldelas, Mos, Oia, Cesantes e Vilarchán.
 

Noticias web

20/04/2020