CRTVG

Buscar

Militares australianos comezan a evacuar 4.000 persoas illadas polo lume no sureste do país

Publicado o 03/01/2020 13:58

Militares autralianos comezaron a evacuar as 4.000 persoas atrapadas nunha praia polos incendios forestais que arrasan o sueste do país e que causaron polo menos 19 mortos.
Dous buques da Mariña australiana están encargados de recollelos e trasladados ao porto de cidade de Victoria.
O xefe do Goberno do estado, o máis afectado polos incendios xunto co de Nova Gales do Sur, declarou a situación de emerxencia durante os próximos sete días.
Para esta fin de semana agárdanse na zona temperaturas superiores aos 40 graos e ventos de ata 80 quilómetros por hora.

Noticias web

03/01/2020