CRTVG

Buscar

Miles de israelís protestan contra Netanyahu nun Israel confinado

Publicado o 27/09/2020 11:36

A protesta contra o primerio ministro israelí, Benjamin Netanyahu, rematou con cinco persoas detidas e choques entre policías e manifestantes na concentración de Xerusalén.

A pesar das medidas de restrición impostas por culpa da covid-19, foron miles as persoas que se manifestaron en Xerusalén, Tel Aviv e Cesarea. O executivo non aprobou a limitación dos rezos nas sinagogas, á espera de recibir a aprobación da Knesset, o Parlamento israelí, que o fará o próximo martes.

Israel supera nesta segunda vaga da pandemia as cifras da primeira ondada, con máis de 1.440 mortos e de 227.000 casos activos, o que supón un forte golpe para o turismo e a economía do país.

Noticias web

27/09/2020