CRTVG

Buscar

Miguel Baeza asina ata 2025

Publicado o 15/08/2020 16:11

O Celta confirma a fichaxe do centrocampista zurdo de 20 anos que chega procedente do Real Madrid Castela

Miguel Baeza é a terceira incorporación do Celta para a vindeira temporada. Falamos dun centrocampista zurdo, de só 20 anos e que é unha aposta de futuro do club. Asina para as vindeiras 5 temporadas. Baeza formouse no Real Madrid. Foi unha das pezas importantes do seu filial a temporada pasada. Ás ordes de Raúl González foi un dos destacados do equipo no seu primeiro ano sénior e marcou nove goles. O Celta paga tres millóns de euros e faise co 50% dos seus dereitos.

Noticias web

15/08/2020