CRTVG

Buscar

Messi non se presenta ao adestramento do Barça

Publicado o 31/08/2020 21:34
Messi non se presenta ao adestramento do Barça

Esta tarde tamén comezou o novo proxecto do Barça da era Ronald Koeman e, tal e como se prevía, Leo Messi non acudiu á cidade deportiva do Fútbol Club Barcelona. O arxentino declarouse en rebeldía. Tampouco onte se someteu ás probas PCR establecidas pola Liga. A situación segue enquistada, Messi mantén así o pulso co Barça no seu intento de deixar o equipo. Tampouco estivo na sesión Iván Rakitic, que está a negociar o seu regreso ao Sevilla.

O que tamén podería saír é o presidente. Os impulsores da moción de censura a Josep María Bartomeu deron un paso adiante. Este nutrido grupo opositor, que aglutina algúns precandidatos a futuras eleccións, presentáronse nas oficinas do club para recoller as papeletas imprescindibles para lograr o apoio social que lles permita conseguir a destitución da actual directiva. 

Noticias web

31/08/2020