CRTVG

Buscar

Mesas de ida e volta no paseo de Bouzas

Publicado o 28/02/2021 14:42

Este paseo é un dos favoritos dos vigueses en domingo, a poucos metros hai unha feira sobre todo téxtil e tamén moitos domingos coma hoxe hai partido do Rápido. Por iso o peche das terrazas decidido onte pola Policía Local correu como a pólvora de móbil en móbil. Aínda que houbo quen non se decatou ou non se quixo decatar, coma o presidente da Asociación de Veciños que ten dous locais no paseo
A Policía Local tentou convencelo, pero non o conseguiu, malia o despregamento de axentes no paseo, que inicialmente non desbotaron retirarlle as mesas; pero a media mañá os axentes comunicaron aos hostaleiros que podían abrir.
E así foi a mañá: mesas arriba, mesas abaixo, anulación de reservas e volta a chamar os comensais. Malia o trastorno vivido por hostaleiros e clientes, hai cidadáns que entenden o ocorrido.
A argumentación para que non se montasen as terrazas é que a zona depende de Costas.

Noticias web

28/02/2021