CRTVG

Buscar

Merkel visita por primeira vez o campo de exterminio de Auschwitz

Publicado o 06/12/2019 20:08

Ángela Merkel visita,por primeira vez, o campo de exterminio de Auschwitz, en Polonia.
Foi posto en marcha polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial e nel foron asasinados mais dun millón de prisioneiros, a maioría xudeos. Merkel, que visitou o campo canda o primeiro ministro polaco, afirmou que a memoria dos crimes nazis é unha responsabilidade de Alemaña, e forma parte da sua identidade nacional. A visita completouse cunha ofrenda floral e un minuto de silencio ante o muro dos fusilamentos.



 

Noticias web

06/12/2019