CRTVG

Buscar

Mercadona gaña 623 millóns de euros en 2019, un 5% máis ca o ano anterior

Publicado o 10/03/2020 14:55

A empresa de distribución presidida por Juan Roig pechou 2019 cunhas vendas de 25.500 millóns de euros, e rexistrou un beneficio bruto de 623 millóns. É un cinco por cento máis que o exercicio anterior, un dato que cobra relevancia xa que Mercadona investiu 2.200 millóns de euros na súa renovación para buscar un modelo máis eficiente.

A empresa de supermercados líder en España, con máis de 1.600 tendas, creou 4.200 empregos, 600 deles en Portugal, o seu primeiro mercado no estranxeiro. Actualmente a compañía conta con 90.000 empregados.

A media de clientes por tenda de Mercadona é de 2.500, e o seu presidente amosouse confiado na evolución do seu servizo en liña, que actualmente ofrecen en Valencia e Barcelona, e que próximamente se estenderá a Madrid.

Noticias web

10/03/2020